Unha voda divertida, chea de sorpresas e moi emocionante, a de Vanessa e Brais, esta noite no espazo ‘Casamos!’

0
53

Un malentendido foi a escusa para que os seus camiños se cruzaran hai catro anos e agora, tras varias pedidas de man, chegou o momento de festexar o seu amor

Unha voda divertida, chea de sorpresas e moi emocionante, a de Vanessa e Brais, esta noite no espazo 'Casamos!'

Santiago, 22.11.2022.-   Os espectadores de ‘Casamos!’ (23.10 h) verán hoxe como un simple malentendido foi a escusa perfecta para que os camiños de Vanessa e Brais se xuntaran hai xa 4 anos. Desde o inicio, os dous comezaron unha relación de amizade que non tardou moito tempo en converterse en algo máis.

Vanessa, que chegaba de Colombia á nosa terra soa e sen apoios, atopou en Brais un verdadeiro compañeiro co que construíu un fogar para eles e os seus fillos. Agora, e tras catro pedidas de man, chegou o momento de festexar o seu amor e darse o si quero nunha voda divertida, chea de sorpresas e moi emocionante.

Fuente Crtvg.es