Volve á G2 o Mundial de Motocrós, do que este mércores se ofrece en directo a 15ª proba, o Gran Premio de Pietramurata

0
1

As citas serán ás 13.00 e ás 16.00 h, cando se retransmitirán as dúas carreiras da competición

Volve á G2 o Mundial de Motocrós, do que este mércores se ofrece en directo a 15ª proba, o Gran Premio de Pietramurata

Santiago, 26.10.2021.-    A segunda canle da Galega segue a ofrecer o Campionato do Mundo de Motocrós, desta volta cunha proba entre semana, a 15ª, o Gran Premio de Pietramurata, que se disputará no circuíto italiano do mesmo nome, como xa o fixo a fin de semana pasada o GP Premio de Trentino. As citas en directo deste mércores serán ás 13.00 e ás 16.00 h na G2, cando se ofrecerán as dúas carreiras da competición.

O neerlandés Jeffrey Herlings fixo dobrete o domingo, co que incrementou a súa vantaxe á fronte da clasificación xeral do Mundial, en tanto que o lucense Jorge Prado só puido ser décimo terceiro, moi mermado por unha fisura de vértebra, o que o deixou na cuarta posición, xa con poucas posibilidades de alcanzar o título.

Fuente Crtvg.es